Director


IMG-20151123-WA0001 (1)

 

 Francisco Valcárcel Piñeiro

Francisco Valcárcel Piñeiro nace no ano 1987 en Salceda de Caselas                (Pontevedra). Comeza os seus estudos musicais na Escola de Música              do seu pobo natal na especialidade de bomabrdino e gaita, para máis            tarde ampliar os seus estudos de bombardino no Conservatorio                      Municipal de Tui co Mestre D. Adolfo Besada.

Dende o curso 2002-2003 foi alumno do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, onde recibiu clases de D. Juan Carlos Díaz. Posteriormente accede ó Conservatorio Superior de Música de Vigo, lugar onde recibe clase do Mestre D. Antonio Rodríguez, e onde remata no curso 2010-2011 os seus estudos de man do Mestre D. Jonathan Vázquez Carrera, adquirindo as mellores cualificacións. Ao mesmo tempo, asiste con asiduidade a clases de perfeccionamento cos profesores D. Sergio Finca (Luur Metals) e D. Ramiro Tejero (Orquestra do Palau das Arts de Valencia).

Ao longo a súa traxectoria formativa e profesional asistiu a múltiples cursos de bombardino con prestixiosos solistas internacionais como Steven Mead (solista internacional), Matt Tropman (Banda Presidencial dos Estados Unidos), Mel Culdertsom (Conservatorio Superior de Lyon), Miguel Moreno (Conservatorio Superior de Madrid), Vicente Castelló (Banda Sinfónica Municipal de Madrid), Rafael Tortajada (Orquestra Sinfónica de Valencia), Jens Bjorn Larsen (Universidade de Janover), Alan Baer (Orquestra Sinfónica de Nova Iorque), Pokorny (Orquestra de Chicago), Sergio Finca (Luur Metals), entre outros.

Ven de rematar o Máster de Formación do Profesorado na Valencian International University, o que lle posibilitou ampliar so seus coñecementos pedagóxicos.

Como director musical, formouse asistindo a clases maxistrais e a cursos na especialización de dirección con Mestres como D. Marcel van Bree, D. Rafael Pascual Vilaplana e D. Javier Viceiro, entre outros. Na actualidade segue asistindo a seminarios e cursos de perfeccionamento da técnica de dirección con Mestres de renome do panorama internacional.

Dirixiu a Banda Xuvenil de Salceda de Caselas e a Banda Cultural de Salceda de

Caselas, da que é o actual Subdirector. Ademais exerceu a labor de Director de diversas agrupacións camerísticas.

Ao longo da súa traxectoria profesional, tivo numerosas ocasións de dirixir agrupacións musicais, mais os seus intereses camiñaron ata o momento por ampliar e nutrir o máximo posible a súa formación pedagóxica e musical, realizando numerosos cursos de perfeccionamento e traballando como membro de bandas de música profesionais. Deste xeito, colabora con diversas agrupacións musicais da Península, entre as que deben sinalarse a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, a Banda Municipal de Ourense, a Banda Municipal de Bilbao, a Banda Municipal de Santander (da que é actualmente membro), entre outras.

Actuou baixo batutas de gran renome, tales como: D. José Rafael Pascual Vilaplana, D. Jan Cover, D. Rafael Sanz, D. Jan van der Roost, D. Vicente Rodríguez, etc.

A día de hoxe é membro da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, pertence á Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, ao Cuarteto The Tub@s e á Turre’s Band. Actuou como solista de bombardino e de gaita coas agrupacións: Banda Municipal de Música de Santander, Banda de Municipal de Música de Tenerife, Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, entre outras.

Na actualidade é Director da Escola e Subdirector da Banda de Música de Salceda de Caselas (cargos que exerce dende o ano 2006), é manager e director da organización do CISM (Curso Internacional Semana Musical de Salceda de Caselas, que conta xa con nove edicións), imparte clase de tuba-bombardino e linguaxe musical en diversas Escolas de Música da xeografía galega, tales coma as Escolas de Música de Salceda de Caselas, Bembrive, Beade, Porriño, Guláns, O Rosal, Xinzo de Ponteareas, etc. Así mesmo, participa en diversos cursos e concursos, entre os que pode destacarse o festival Lieksa International Euphonium Competition (Finlandia) e forma parte da Banda Municipal de Santander.

Advertisements
Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

%d bloggers like this: