Arquivo por autores: amdvincios

Campamento musical

Campamento Musical 2016 v3 (1)

Advertisements
Categorías: Novas | Deixar un comentario

Preinscripción curso 2016/2017

Cartel Preinscrición Curso 2016-2017

Categorías: Novas | Deixar un comentario

Búscase logo para a banda

Publicación na sección El Comarcal de La Voz de Galicia

Categorías: Novas | Deixar un comentario

Bases para o concurso do logotipo

Bases logo (2)

Categorías: Novas | Deixar un comentario

ANÉCDOTAS

RODRIGO RIAL

“Unha das primeiras actuacións que fixemos foi en Moraña. Cando chegou a hora do himno, Julio e Rosina, que estaban dentro da igrexa, saíron para avisarnos. A sorpresa foi que a maior parte dos músicos foran a un bar, e os únicos ( que recordo ) que estabamos alí eramos: Tonio, Julio, Rosina e eu. Como o director tampouco estaba, encargueime eu de darlles a entrada, e cando xa estabamos tocando, apareceu Guillermo co bombo rodando mentres tocaba”.

“Nunha festa na que estabamos contratados 42 músicos, cando chegou a hora de saír de Vincios, démonos conta de que faltaba un músico, Suso, polo que fomos á súa casa e fun eu a axudarlle a vestirse mentres a nai lle facía o almorzo. Cando chegamos ó lugar da festa, a comisión díxonos que tíñamos que dividir a banda en dúas, para recorrer o pobo, polo que eu era o encargado de dirixir unha delas. Fun o autobús para pór o traxe (que levaba colgado nunha percha), e para o meu asombro, faltábame o pantalón!, polo que baixei á toda présa do coche e fun xunto ós rapaces para que me devolveran o traxe, que a broma xa non facía graza. O peor foi cando dúas rapazas da banda caeron en que o pantalón que viran tirado na estrada de Vincios, era o meu. Como ía cun pantalón vaqueiro, pedinlle ó condutor que mo cambiara polo seu, xa que, a pesar de que el era moito máis alto ca min, o seu pantalón era negro.”

 

ANA TRONCOSO E JAVIER COSTAS
“Cando se fundou a banda, cada alumno tiña que traer o seu propio atril. Moitos deles eran de paus de vasoiras ou outros materiais dese tipo. Un día, un alumno chegou cun atril moi bo, xa que se podía pregar, e a xente da escola sorprendeuse moito. O dono dese “atril artesán” foi buscar a carpeta, e cando se deu conta, o resto dos nenos que alí quedaran vendo para o atril, rompéranllo, posto que non sabían como se abría.”
“Cando nós estabamos na banda, recordamos que había multas por todo, e nunha actuación, o director mandounos tirar as gomas de mascar antes de comezar a tocar. Ó terminar unha das pezas, unha saxofonista fixo un “globo” coa goma de mascar, e todos nos quedamos vendo para ela. A rapaza levou unha multa.”
“Durante as clases con Julio tiñamos que estar calados e chegar puntuales. Como todos eramos rapaces novos, gustábanos xogar e facer parvadas, polo que moitos de nós tivemos que estar de xeonllos. Ese era o seu castigo cando non te portabas correctamente.”
“Para as celebracións e festas, as mulleres sempre levabamos algo igual, un sombreiro ou algo polo estilo. Ademais, estas festas estaban amenizadas por Carlos, que coa súa maña imitábanos a todos de tal xeito que sempre sabías a quen se refería, incluso lle saía ben imitar ó director.”
“A unha actuación que fomos a Viana do Bolo, un dos músicos chegou facendo autostop dende Vincios. Ese rapaz foi Telmo, que daquela estaba facendo a Mili en Marín, e cando chegou a casa, a nai díxolle que a banda xa saíra, polo que sen pensalo arrancou a andar co seu traxe de militar posto.”

 

16-8-85 VIANA DO BOLOMomento no que o músico se encontra coa banda. Imaxe cedida por Nuria.

 

MANOLO DA ROXA

“Nunha festa en San Pelaio, estabamos enriba do palco e cando vimos para atrás démonos conta de que intentaban roubarnos un trombón de varas, pola reixa que había detrás do palco. Xa o tiñan case fora, pero grazas á campá, non conseguiron quitalo.”

Respecto a Julio, foi un “fenómeno”, chegou a levar músicos para a súa casa a ensinarlles solfexo. No caso dun músico, ían polas noites para a súa casa, onde lle ensinou a tocar o bombardino, xa que o precisaban para a banda. Tamén é certo que a pesar de ser tan serio, desenvolvíase moi ben cos rapaces, e todos o apreciaban moito.”
“Un home de Chandebrito que tocaba a gaita, quiso vir a aprender solfexo e a tocar outro instrumento ( o saxo ) á escola. Cando lle tocaba dar a súa lección de solfexo, o facía entoando, polo que o resto dos rapaces, e non tan rapaces, ó escoitalo ríanse del.”

 

ROBERTO MARTÍNEZ, ANTONIO FONTAN E RODRIGO RIAL

“Nunha festa en Ourense, había una muller que lle gritaba a unha saxofonista da banda, dicíndolle que tiña un fillo que faría moi boa parella con ela. Foi moi gracioso, e todos nos metemos moito coa rapaza.”
“Na festa da Roca, queriamos poñerlle unha multa a Bienvenido, xa que era o único que aínda non levara. Benigno e Rodrigo levárono a tomar algo a un bar e o puxeron de costas ó palco para que non supera cando tiñan que tocar, pero antes de empezar, Bienvenido deuse a volta e botou a correr. Antes de que Valentín baixara os brazos xa estaba o músico preparado para tocar, e os que levaron a multa foron Rodrigo e Benigno.”
“ Nunha festa en Guitiriz, o condutor do autobús equivocouse de camiño, e en lugar de ir dirección Pontevedra, foi dar a volta todo por Ourense. Durante a viaxe pasámolo bastante mal, xa que todo era polo medio do monte, e había moitas curvas, polo que todos iamos mareados. Cando por fin chegamos ó sitio, era tardísimo e xa pensaran que nos pasara algo.”
“Julio daba clases ata os domingos, e a un rapaz de Chandebrito chegoulle a dar unha bicicleta para ir e volver. “
“En San Pelaio, un músico comezou a atoparse mal. O rapaz, que daquela tería 14 ou 15 anos, bebera viño a noite anterior (fora a noite de San Xoán), e pola mañá, despois de tomar un Kas comezou a vomitar, e salpicou a outro músico, que sen darse conta o que era, miraba para o do lado dicíndolle que lle cuspira.”
“De camiño a unha festa, tivemos que mandarlle o condutor que parase, que algúns homes necesitaban ir a mexar. Un deles, en lugar de quedar cos outros, foi por un camiño que había sen avisar a ninguén de que o esperasen. Cando o grupo de rapaces acabaron, subiron ó autobús e o condutor arrancou. Cando Telmo se deu conta de que faltaba o seu compañeiro de asento, tiveron que dar volta a buscalo.”
“Cando lle tiñas que dar a lección de solfexo a Julio, el nunca lía as notas, solo marcaba o pulso co seu: pin, pan, piro.”
“Nunha festa en Mañufe, estaban case todos preparados para comezar a procesión, cando viron que algúns rapaces da banda estaban enriba dun cereixo, collendo cereixas co traxe da banda posto”.

Categorías: Novas | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.