Arquivo por autores: amdvincios

Viaxando xuntos

Volta ao mundo coas bandas da Agrupación Musical de Vincios e o Centro Juan María.

A Agrupación Musical de Vincios e o Centro Juan María ofrecen unha viaxe musical o próximo domingo día 18 de xuño ás 20:00h no Pol.Industrial Porto do Molle (rúa do Xián, vial B, ao lado do Centro de Negocios).

Con máis de 100 músicos enriba do escenario a banda infantil, a banda xuvenil e a propia banda da A. M. de Vincios farán, coa axuda e acompañamento dos alumnos do centro Juan María, unha viaxe arredor do mundo que comezará ca representación teatral e musical dun descubrimento histórico ata rematar en Galicia, pasando por lugares do máis exótico e lonxano. A encargada de presentar e guiar esta viaxe será Trini Puentes.

Con este proxecto, a escola e banda da Agrupación Musical de Vincios pretenden facer fincapé no papel integrador e universal da música. Algo máxico que trascende aos distintos tipos de centros educacionais. Un xeito fermoso de promover a convivencia social e a cultura no que colaboran o Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

 

Advertisements
Categorías: Novas | Deixar un comentario

Nova imaxe na Agrupación Musical de Vincios

 

Na Agrupación musical de Vincios estreamos novo logotipo que identifica a escola de música e a tódolos grupos que están dentro da Agrupación tales como o coro, a banda infantil, a banda xuvenil e a propia banda A. M. de Vincios.

Está diseñado por Ana García Pascual e representa dun xeito literal o que é unha agrupación musical. Esta nova imaxe pretende escapar dos clásicos símbolos asociados á música e está creado dun xeito sinxelo, con liñas finas, unha tipografía actual e cores vibrantes.

 

Categorías: Novas | Deixar un comentario

BORRADOR PARA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS

Premer aquí para ver o texto

Categorías: Novas | Deixar un comentario

VAIA BANDA!

Vaia Banda Cartel

Categorías: Novas | Deixar un comentario

Horarios Curso 2016/17

HORARIOS CURSO 2016/17

Categorías: Novas | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.