A Banda

O concerto de presentación da primeira formación da Banda da Agrupación Musical de Vincios data do ano 1983. Esta actuación tivo lugar o día de San Pedro no colexio público Serra-Vincios e baixo a batuta do seu primeiro director, D. Valentín Davila Costas.

Durante este tempo a banda foi cambiando de directores: no ano 1995 a batuta pasou a estar da man de Telmo Costas, e no ano 2000 a banda estivo baixo a dirección de Juan Luis Costas Álvarez. Actualmente  e dende o 2014, o director é Francisco Valcárcel Piñeiro.

Na traxectoria da banda cabe destacar a súa participación nos certames provinciais organizados pola Excma. Deputación de Pontevedra e nos certames galegos organizados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, acadando diversos premios: en 2005 terceiro premio na sección primeira do certame provincial de Pontevedra, e terceiro premio no Certame Galego de Santiago de Compostela no 2012.

Tamén participou en actividades como festivais, concertos de intercambios culturais, cocertos do plan cultural da Deputación Provincial de Pontevedra, así como asistir a festas e verbenas populares.

Na actualidades, a banda da Agrupación Musical de Vincios conta con 56 compoñentes.

Advertisements
Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

%d bloggers like this: