Na Agrupación musical de Vincios estreamos novo logotipo que identifica a escola de música e a tódolos grupos que están dentro da Agrupación tales como o coro, a banda infantil, a banda xuvenil e a propia banda A. M. de Vincios.
Está diseñado por Ana García Pascual e representa dun xeito literal o que é unha agrupación musical. Esta nova imaxe pretende escapar dos clásicos símbolos asociados á música e está creado dun xeito sinxelo, con liñas finas, unha tipografía actual e cores vibrantes.